jueves, 31 de enero de 2013

Adrián Chapela, unha estrela con luz propia

A continuación reproducimos parte del artículo que Álvaro Abuín ha publicado en la web Taboas.org, el 30 de enero, y dedicado a la jovez promesa Adrián Chapela.

 Adrián Chapela, unha estrela con luz propia

Houbo un momento no que Lugo era a cidade onde os soños dos rapaces que correteaban polos arredores da muralla se cumplían. Onde aquel rapaz que o desexara con forza e traballara moi duro fora alto ou baixo, rubio ou moreno, podía tocar as estrelas, xogar con elas e incluso brilla coma o sol.

Se dos rapaces que xogan ó baloncesto na beira do Miño hai un que pode chegar a brillar como a benquerida estrela do Sistema Solar non é outro país que o lugués do Estudiantes de Lugo Adrián Chapela. O 19 de xaneiro debutaba co Breogán en competición oficial ante o River Andorra, xogando quince minutos. Adrián, que recoñece que comezou un pouco nervioso, pronto se encontrou tan cómodo en pista coma para dar tres asistencias, que puideron ser máis se os seus compañeiros estiveran algo máis acertados. Sen dúbida, "Chape", con tan só 18 anos, fixo gala do seu descaro e en troques de deixarse levar polo nerviosismo, sacou a relucir o seu enorme talento dando ata unha asistencia de cano baixo as pernas dun xogador de Andorra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario